Onte asistín en Santiago a unha mesa redonda sobre a situación actual da lingua galega; nela participaban Francisco Castro, Alexandre Vázquez Lorenzo, presidente da Mocidade pola Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala, autor de En galego, por que non?, e Henrique Monteagudo, autor de As razóns do galego.
Temos moitas razón para loitar contra a senrazón. A supervivencia dunha lingua depende das persoas. Ninguén que reflexione minimamente pode crer que hai imposición do galego, pero... por que a xente o cre?, como combatelo? As mentiras son simples: o castelán indentíficase coa liberdade. Pero galego e castelán non son iguais. Pero arestora non deberiamos falar de escoller, xa que non é preciso escoller: temos dúas linguas e o dereitos a expresármonos en ambas.
O futuro da lingua está coa xente nova, que terá máis dificultades para desenvolver a súa vida en galego. O futuro do noso idioma está garantido ata o 2050 con datos sociolingüísticos. De alí en adiante... depende. A lingua non é un fenómeno dun individuo, posto que falar significa dialogar. A lingua é o elemento fundamental da nosa identidade, é moito máis ca un instrumento de comunicación.
2 comentarios:
Polas fotos semella que había xente.
Semellará, home. Claro, ti non estabas...
Publicar un comentario