Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/05/10

Non á violencia contra as mulleres (CXLIV)

Como non vexo moito a tele non adoito ver certas cousas que alí ocorren. Avisáronme disto cando sucedeu, e gardeino, tamén, como acostumo facer coas cousas que quero publicar máis adiante... Xa que esta é unha publicación dominical, aquí estou, tentando lembrar se sei en que acabou a historia. Pero, mellor, comezo polo principio.
Había unha programa na tele chamado "Xeración Ni-ni": xente que non sabe o que é facer nada. O programa seica pretendía un experimento educativo con mozos e mozas que presentan alarmantes rasgos de inadaptación, ignorancia, vagancia e mesmo violencia, pechándoos para gravar o seu comportamento, co obxectivo de reeducalos.
As cámaras gravaron unha agresión sexual de varios mozos sobre unha rapaza, mentres outros rin. En teoría, segundo a lei, unha pena de 4 a 10 anos se isto ocorre fóra das cámaras televisivas. Posteriormente, os educadores afean esta conduta mentres eles, sen perder o sorriso, aseguran avergoñarse. E punto final, que eu saiba.
A min resultoume moi duro velo, a ver que opinades vós. Que é máis intolerable? A agresión? As cámaras? A actitude posterior? O papel dos educadores?




Un detalle máis cínico: emitido o 8 de marzo, Día internacional da Muller.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.