Esta é a presentación deste libro que ilustrado por Aitana Carrasco nos ofrece Kalandraka. Está garantido, pois, que a súa compra é un acerto: porque contribuiredes cunha ONG, porque o texto é dun gran escritor, porque a edición é outra marabilla máis, porque as ilustracións son xenerosísimas.
Do blogue de Kalandraka:
“Milu” relata as vivencias dunha nena en apuros: cando o seu pai deixa de cantarlle cancións e a súa nai deixa de ter expectativas, unha pequena televisión convértese na súa única compaña. Milu é a voz de moitos nenos e nenas que non poden gozar do seu dereito a vivir en familia; pero a súa historia lémbranos que hai lugar para a esperanza.
Manuel Rivas, que lle cede os seus dereitos de autor desta obra á Fundación Meniños, crea un relato tenro e sensible que amosa a indefensión de Milu ante os problemas dos seus pais. Aitana Carrasco tamén colabora coa Fundación Meniños cedéndolle a imaxe da protagonista; nas súas ilustracións coloristas mestúranse estampados, texturas e gravados antigos, creando ambientes realistas con elementos oníricos.
Sen comentarios
Publicar un comentario