Falo de La casa de J. Patrick Lewis e ilustracións de Roberto Innocenti. Publicado por Kalandraka. Un defecto: non está en galego. Preguntei as razóns, pero a confusa resposta aludía aos dereitos. Aínda que esta mesma editora ten deste mesmo ilustrador (aprendede o nome!) As aventuras de Pinocho, outro deses libros que hai que ter para acariñar de cando en vez.
A historia, ademais, é moi fermosa: a evolución dun fogar ao longo do século XX. Coma se dunha persoa se tratase, poderemos contemplar os seus cambios, a soidade, a riqueza, a tristura, a guerra, o abandono... E digo "ademais" sabendo que cando abrades o libro veredes que repararedes posteriormente nas letras: o máis impactante son as ilustracións.
Unha xoia.

1 comentario:
Aquí hai pura arte, con estas imaxes xa non fai falta case un texto que as anime. Contan tanto...
Publicar un comentario