Arestora é Anthony Browne, outro clásico da literatura infantil, quen nos deleita con este álbum ilustrado que chega ás nosas ávidas mans grazas a Kalandraka. Se vedes a portada, quedades co libro: é inevitable adentrarse neste bosque detrás dese neno que leva a cestiña na man.
Custa non pensar que imos ler unha reinterpretación da Carapuchiña: os nexos son moitos. Pero a medida que avanzamos ímonos percatando de que os perigos non son tales, que uns personaxes a priori perigosos deixan de selo a medida que o espazo se vaia facendo máis familiar. Resulta moi atractiva a chiscadela aos contos tradicionais que nos regalan en cada páxina.
Outro libro para soñar, para disfrutar, para acariñar e para agasallar visualmente aos nosos sentidos.

Sen comentarios
Publicar un comentario