Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/05/10

A casa máis grande do mundo

Leo Lionni escribiu e ilustrou este libro, A casa máis grande do mundo, en 1968, o que vén ser unha pequena demostración, unha máis, da atemporalidade destes libros. Un libro que che "enche o ollo" só con verlle a portada. Contéillelo ao meu alumnado e gustoulle moito, porque -como adoita suceder cos álbums ilustrados- vén sendo unha metáfora que nos lembra que a vida é moito máis que pura aparencia, e que o que levemos dentro é esencial, sen importar todo o grande que se poida aparentar.
As ilustracións son inmensas, dunha cores que envolven ao lector, fermosísimas. Recollo: "Son las ilustraciones, de corte realista y vivaz (les confieso que me quedé perplejo con la última ilustración donde, de un golpe de vista, están ilustrados los grupos principales de plantas: musgos, helechos, equisetos, gimnospermas y angiospermas, cosa que para cualquier botánico es una delicia), las que soportan enteramente el peso narrativo"
A edición, tal como nos ten acostumados Kalandraka, unha pasada.

Unha familia de caracois vivía nunha saborosa col.
Coa casa ás costas percorríana lentamente
na busca dalgunha folla tenra para rillar.

Un día, un pequeno caracol díxolle ao pai:
-Cando sexa maior, quero ter a casa máis grande do mundo.
-'Iso é unha parvada -respondelle o pai, que resultou ser o caracol máis prudente de todos-. As cousas grandes non sempre son as mellores'.
E contoulle esta historia...



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.