Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/05/10

A voda do Galo Pinto



Outra das novidades de OQO é este delicioso álbum de Juan Alfonso Belmontes con ilustracións de Natalei Pudalov, A voda do Galo Pinto. O conto é popular polo tema e actual sempre: porque fala da relación que se pretende desigual entre home e muller. Con moitos símbolos literarios e algo de barroquismo, é unha lectura moi propicia para educar en igualdade e para disfrutar das súas ilustracións, moi orixinais e luminosas. Curiosa a mestura que no libro se fai, posto que é un conto de animais agás a protagonista, unha nena Xiana que acollerá dous amores ben diferentes dos que se tira unha lección final.










Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.