Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/05/10

Non á violencia contra as mulleres (CXLVI)

Recollo hoxe íntegro o post que publicou Ana Bande no seu blogue este venres. Desde aquí, grazas.

A parte dos crimes....


Fotografía: Ana Mendieta

A seguinte morta foi Fatema, de 30 anos, atopada no chan do corredor do seu piso da rúa Sunyer do Barrio de Poblenou de Sant Andreu. Segundo as estatísticas, Fatema foi a víctima 26 da violencia de xénero dun ano funesto no que trinta e cinco homes máis asasinarían ás súas parellas. Fatema tiña tres fillos de 14, 12 e 5 anos. Foi o maior o que avisou á policía logo de presenciar xunto cos irmáns o asasinato da nai. Un veciño declarou que “era unha familia moi educada". Fatema non tiña presentada denuncia por malos tratos. A noticia sae hoxe no diario El País nunha páxina da sección de Sociedade a carón doutra que ocupa media páxina que fala do perigo de extinción do lagarto Furcifer lateralis que vive en Madagascar, por mor do cambio climático.


...podía ser verdade...

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.