Aínda que pouco se fale disto, aí está un novo Prestige. Si, lonxe (relativamente), pero é no noso planeta. A dor é a mesma, o desastre ecolóxico, semellante; esta alcanza tales dimensión que dan calafríos: os disolventes que BP está a empregar para evitar que o petróleo suba á superficie crean nubes de conglomerados de cru que asolagan o interior das augas acabando coa vida das especies mariñas. Mirade este vídeo da organización The Ocean Futures Expedition Team:
Algunhas fotografías: tan impactantes que falan por si soas. Isto é o que BP non quere pagar. Aquí tedes algunha máis.
1 comentario:
grazas por traelas. Non as conocia
Publicar un comentario