Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/06/10

La gran fábrica de las palabras


Que preciosidade de libro! Que non o coñecedes? Correde a buscalo! Un libro de palabras con fermosísssiiiiimas ilustracións que teredes que abrazar sen remedio.
Escrito por Agnès de Lestrade e ilustrado por Valeria Docampo, La gran fábrica de las palabras conta a historia dun país onde a xente non fala, porque as palabras son moi caras. Serán os máis pobres os que teñen as dificultades (que novidade!) e un neno ten que declarar o seu amor contando con tan só tres palabras, que nada teñen que ver. Pouco importa, as palabras son menos importantes que os sentimentos. Sentimentos que chegan ata nós grazas ás ilustracións. Porque, que ilustracións! Son fantásticas. Un tándem magnífico que cómpre observar.
A editorial non a coñecía: Sleepyslaps.

Existe un país donde la gente casi no habla. En ese extraño país, hay que comprar y tragar las palabras para poder pronunciarlas...

4 comentarios:

Ernesto dixo...

Eu se venderan a palabras paciencia ou calma comprábaas de boa gana...hoxe fanme falta.

Anónimo dixo...

cousa tenra Diosss!

Ronsel dixo...

E logo que che pasa querido Ernesto?
E si, é un libro moi, moi tenro, prezado anónimo

Montse dixo...

Esta si la había leído de entrada.

Però no ho recordava i aquells dies no feia la llista pel proper curs i el cap es distreu.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.