Publicado por Kókinos, Popville non é un libro, é un especulador inmobiliario. Fóra bromas, cada páxina é un paso dunha cidade que medra, unha nova construción, a destrución das árbores... Un pop-up que deixa boquiabertos... e que nos deixou a tod@s nós, grandes e pequenos, cando mo regalaron en Bandeira. Cada nova páxina era un "ohhhhhhhhhh" máis grande. Unha pequena obra de arte que remata cun poema; que máis se lle pode pedir?
Cando se abre só hai unha casa de campo cun bosque de árbores. Páxina a páxina estes van desparecendo e van medrando as casas, as rúas, os blogues de pisos, os centros comerciais... non falta detalle, ata tendidos eléctricos hai.
O poema final é de Pablo Guerrero:
La ciudad comienza en sus plazas,
fuentes y palomas.
Se acaba en el mar
o en los campos fríos.
La ciudad es antigua,
con sus puentes de hierro.
Y también de ahora,
con sus rascacielos y terrazas blancas.
Pero sobre todo la ciudad
es la gente que la habita (...)
Unha pasada, como podedes comprobar:
O poema final é de Pablo Guerrero:
La ciudad comienza en sus plazas,
fuentes y palomas.
Se acaba en el mar
o en los campos fríos.
La ciudad es antigua,
con sus puentes de hierro.
Y también de ahora,
con sus rascacielos y terrazas blancas.
Pero sobre todo la ciudad
es la gente que la habita (...)
Unha pasada, como podedes comprobar:
Sen comentarios
Publicar un comentario