A Biblioteca Central de Helsinki vén de distribuír este vídeo onde, coma un conto, explica como foi medrando o país até chegar ao proxecto de construción da Biblioteca Central, un centro de cultura, entretemento, ocio e traballo, pensado para recibir máis de cinco mil visitas cada día. Unha biblioteca que é o tronco dunha árbore e as súas pólas son as actividades do pobo.
Nós aínda andamos na loita de demostrar que a biblioteca escolar é o tronco do centro educativo.Novamente, unha lección que vén do norte: a importancia da cultura por riba de todo. O que nos cómpre no noso país.
Vía No sólo libros
2 comentarios:
Grazas, subireino a AGABEL. Bicos.
A ti, Toño, pola visita e o comentario. Sempre un pracer.
Publicar un comentario