Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/06/10

O Vaticano contra Saramago

O diario vaticano L'Osservatore Romano adica un artigo a Saramago -o día seguinte do seu falecemento- para definilo como un "populista extremista" de ideoloxía antirrelixiosa e ancorado no marxismo. Baixo o título "A omnipotencia (presunta) do narrador", asinado por Claudio Toscani, repásase a vido do Premio Nobel, un home moi crítico con catolicismo.
O texto repasa a produción literaria do portugués, analizando tamén a súa novela O Evanxeo segundo Xesucristo (1991), obra "irreverente" que supón un "desafío á memoria do Cristianismo da que non se sabe que salvar".
O artigo sinala que "no que respecta á relixión, atada como estivo sempre a súa mente por unha desestabilizadora intención de facer banal o sagrado e por un materialismo libertario que canto máis avanzaba nos anos máis se radicalizaba, Saramago non sei deixou nunca abandonar por unha incómoda simplicidade teolóxica".
"Un populista extremista coma el, que se fixo cargo do por que do mal no mundo, debería ter abordado en primeiro lugar o problema de todas as erróneas estruturas humanas, desde as histórico-políticas ás socioeconómicas, en vez de saltar a polo plano metafísico", prosegue.

Vía

Non sei por que, creo que Saramago estará encantado de que o Vaticano o critique. Mágoa que non oiamos as súas palabras.

1 comentario:

Ernesto dixo...

Saramago......eu lin "O ano da morte de Ricardo Reis" estando en Lisboa por traballo. No tempo libre facía o mesmo percorrido que lera a noite anterior, tiña sempre un rueiro ó lado, como me gustou!
Algo máis lin del, o bo é que deixou moito escrito.
"Cain" é a irreverencia feita literatura.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.