Chegounos un correo ao blogue para termos en conta este vídeo que lembra a importancia do amor na infancia e os seus Dereitos. Moitas grazas por sinalárnolo.
Encontremos o tempo de dicirlles que eles son todo para este mundo.
Xuremos que eles son para nós todo o que conta.
Fagamos sorrisos que lles digan que a terra cura.
Leamos non o peor das historias que fan que riamos e vivamos.
Haberá que cantar cada día que os amamos
para que mesmo grandes eles falen en amor.
Haberá sempre que cantar que os amamos
para que lles quede nos malos días.
Haberá que cantar cada día que os amamos
para que mesmo vellos soñen en amor.
Haberá sempre que cantar que os amamos.
Sempre.
Andemos para que endexamais un neno marche a guerra para os seus maiores.
Loitemos para que ningún morra de fame nin de ser mal amado.
Encontremos nos nosos corazóns palabras doces para dicir o camiño
Haberá mañás e encontremos as cores que fan falla para refacer seus debuxos do destino.
Imos berrar co corazón que os amamos.
Imos perder a voz e paga a pena.
Do norte ao sur o refrán será o mesmo.
Facendo don de nós.
Facendo don de todo.
3 comentarios:
Grazas por ser "pluraiiiss" ou pluralistas!!! ???
Quen me manda a min meterme nestes leas!
Occam axúúdameee!!!
Será plurais, non si?
Pero está ben que che axude Occam, a ver que opina el!
ha,ha,ha xa sei era por amolar un pouco a unha compañeira!
Publicar un comentario