Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/07/10

Nunca te vin chorar

Xa había moito tempo que a nosa colaboradora lectora Rosa Salgueiro non contribuía cos seus comentarios; pero chega o verán e con el as súas recomendacións: a de hoxe é Nunca te vin chorar de Miguel Suárez Abel.
Grazas Rosa, unha vez máis.

Despois de bastante tempo de silencio, Miguel Súarez Abel volve publicar: trátase da novela Nunca te vin chorar, editada por Galaxia. Ten como personaxe central a Wilson Valderrama, un home de acción, entregado aos demais, rebordante de ansias de cambiar o mundo dos máis desfavorecidos; un home que entrega a súa vida á xestión de proxectos altruístas e, no entanto, non é capaz de xestionar con éxito as súa propias emocións. Por iso o imos ver vencido, fracasado e só nos últimos días da súa vida.

A historia é relatada por tres voces narradoras: dúas mulleres que o amaron e unha segunda persoa que nos ofrece a propia perspectiva dun Wilson Valderrama que xa quedou sen palabras. A versión que dos feitos nos vai ofrecendo cada unha delas é complementaria e, por veces, tamén contraditoria, ademais de dinamizar exitosamente o discurso narrativo. Pero máis alá do estimulante que resulta o propio personaxe de Wilson, dos sentimentos encontrados que provoca e dos misterios que agocha, está tamén o interese dos outros dous personaxes femininos: Gloria Inés e Pastora e con elas a música de Wagner, a tiranía da paixón, o desarraigo da emigración, o concepto de familia…

Aínda que o primeiro capítulo da novela me pareceu en exceso edulcorado e non me invitaba a continuar a lectura, despois comprobei como mudaba o ton, atopei a explicación dese comezo e foime aumentando progresivamente a curiosidade, que non se verá satisfeita ata o final, en que acabaremos de reconstruír un acontecemento que nos fará reconsiderar algunhas interpretacións e valoracións da actuación dos personaxes, pero que tamén nos deixará con moitas preguntas remoendo na cabeza… Definitivamente, lectura recomendable.


10 comentarios:

Ernesto dixo...

Grazas Rosa pola túa recomendación.
Metereino na moreiña que teño para as vacacións....se é que chegan!!!

Ronsel dixo...

As vacacións chegarán, seguro. O que non chegará é o tempo para lermos tanto!
Bicazos, Ernesto.

Ronsel dixo...

Ah! Empeceino e non seguín. Por culpa de Rosa cambiarei de opinión!

Anónimo dixo...

Yo acabo de terminarla, para mí es una novela de tiempo, amor y música...y misterio.La recomiendo.

Ronsel dixo...

Grazas anónimo polo teu comentario. Terémolo tamén en conta

severino dixo...

Excelente!!. Aínda estou a remoer os pernaxes. Wilson podería ser un Quixote moderno.

Ronsel dixo...

Moitas grazas Severino, polo comentario e pola visita. Saúdos

Anónimo dixo...

A mí me gusta mucho el personaje de Pastora, una mujer llena de energía, animosa y valiente. Me gusta mucho su forma de amar.

Ronsel dixo...

Vaia, que marabilla! Debe ser a primeira vez que un libro levanta tantas paixóns neste blogue! Estamos encantad@s!

Anónimo dixo...

El conocimiento de la psicología femenina por parte del autor me ha impactado.¿Quién de nosotras no ha tenido sentimientos contradictorios como los de Gloria Inés o Pastora?...Me he visto reflejada en muchas de las situaciones escritas, lo recomiendo al público femenino especialmente.
Yo soy lectora en castellano, pero esta novela no me ha resultado de difícil lectura.
Con narraciones así en gallego me animo... Felicidades al autor

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.