Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/08/10

Esconderse en un rincón del mundo


Ter nas mans un libro de Jimmy Liao é ter unha obra de arte chea de poesía e de cor. Cantas veces temos falado del? Con cada libro que chega a min, non deixa de abraiarme.
Desta volta, Esconderse en un rincón del mundo fálanos dese lugar da imaxinación ao que todos recorremos de cando en vez para esquecer os problemas cotiáns e encaralos dende outra perspectiva, un noso refuxio particular.
E, como vén sendo habitual, a edición de Barbara Fiore é impresionante.

2 comentarios:

Montse dixo...

Lo he pedido a la librería para presentarlo el próximo curso.
Gracias.

Ronsel dixo...

Vaiche encantar, verás!
Por certo, en setembro saen un par de libros del nesta mesma editorial.
Bicos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.