Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/08/10

Luís vai á praia



A Faktoría K de libros sorpréndenos novamente con esta edición de Luís vai á praia de Guy Delisle, un excelente cómic para os máis peques (e para todos) sen palabras onde vemos o discorrer dun día de praia do neno Luís. Realmente sobran as palabras cando toda a comunicación está tan ben conseguida con estas viñetas que resultan moi divertidas e áxiles



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.