Dáme a impresión de que Diego Ameixeiras mellora con cada novela. Recoñezo que Asasinato no Consello Nacional (na Wikipedia) gustoume bastante, aínda que me saturou tanta política interna bloqueira que é, maxino, un dos morbos principais da novela, e que ata por veces me chegou a causar algo de preguiza cambiar os nomes ficticios polos reais, tan claros sempre. Encantoume a figura do detective, sobre todo a súa retranca, unha característica moi presente nas conversas da obra e que, desgrazadamente, está a se perder na nosa vida cotiá, unha vítima máis da presión castelá. Un detective tan orixinal que practica o pensamento budista e que, maxino, debeu custar longas horas de información ao autor sobre o tema.
Na liña máis moderna da novela policiaca -xa sabedes que me encanta- o autor noveliza, ou non, sobre a crise interna do BNG e a loita polo poder que hai dentro do partido -lede o Galicia Confidencial: O BNG dedica todas as súas enerxías á loita polo poder interno-, con amplitude de miras e de visións da realidade social, dando pé a diferentes opinións e deixando aos personaxes que se expresen libremente, algo moi de agradecer. Non só iso, senón que nos ofrece unha minuciosa análise da vida política e social galega desde os comezos da democracia. Dende este punto de vista é unha novela no máis moderno camiño da novela negra actual: aquela que non só trata dun crime senón que tacha as eivas da sociedade; neste caso, a pouca cohesión que existe dentro do BNG e o que estamos a pagar despois das eleccións do 2009.
Como boa novela negra mantennos en tensión ata o final, un logro inequívoco, pois, desta obra, que se permite chiscar coa Guerra Civil para nos lembrar os horrores e as inxustizas naquela época cometidos e tantas veces esquecidos. Unha época tan presente na nosa Literatura e que non quere despistarse da pluma de Ameixeiras, aínda que ás veces semella que esta parte temática sexa introducida case de crequenas, posto que pouco ou moito ten que ver coa investigación criminal.
Recoñezo que me encanta que o autor se decidise por esta persoal homenaxe a Manuel Vázquez Montalbán, ben merecido o ten.

2 comentarios:
Este libro pareceume entretido , pero tamén un pouco melancólico.
Este é un libro bastante bonito, pero trata sobre un tema un pouco triste,as bágoas.
Publicar un comentario