Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/10/10

Cos beizos cosidos


A iraniana Mandana Daneshnia é unha das 25 persoas daquel país que piden asilo político en Grecia e que permanecen en folga de fame cos beizos cosidos en Atenas para presionar ao Goberno grego, que se nega a conceder a súa solicitude.
Mandana Daneshnia é xornalista e foi ameazada polas autoridades do seu país por escribir sobre a situación da muller en Irán.

2 comentarios:

luísa dixo...

Escalofriante ver esta imaxe. As mulleres seguimos sendo obxecto diario de agresións de maior ou menor intensidade, en todo o mundo. Dende as lapidacións, a queima dos rostros con ácido, á morte porque nos consideran deles, o maltrato, as violacións, mais tamén o menosprezo, o insulto. Acabamos de vivilo estes días na voz do alcalde de Valladolid cos seus vergoñentos comentario sobre unha muller que acababa de ser nomeada ministra. E non vai pasar nada. Considerou que se excedera por dicir o que realmente pensa. Se as mulleres do seu partido están satisfeitas con iso, xa sabemos que partido non debería ter ningún voto máis de ningunha muller, e tampouco de ningún home que crea que a igualdade nos beneficia a todos.

Ronsel dixo...

Grazas Luísa polo teu comentario tan atinado. Recoméndoche que escoites unha entrada anterior:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2010/10/nacer-muller-e-estar-condenada-ao.html
Totalmente escrarecedora.
Saúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.