Laurel Hester é unha muller policía de New Jersey -Estados Unidos- que adicou 25 anos á súa profesión. Porén, veñen de diagnosticarlle un cancro de pulmón terminal que só lle permitirá vivir algúns meses máis. Dende entón, Laurel emprende unha conmovedora loita para que, antes de morrer, lle sexa recoñecida a pensión de viuvez a Stacie Andree, a súa compañeira sentimental.
Así como as parellas heterosexuais teñen pleno dereito a recibir esta pensión de xeito automático, a loita desta parella de lesbianas ante os tribunais será cruenta.
Así como as parellas heterosexuais teñen pleno dereito a recibir esta pensión de xeito automático, a loita desta parella de lesbianas ante os tribunais será cruenta.
FREEHELD é un extraordinario documental que está obtendo un gran recoñecemento internacional, todo un alegato contra a discriminación das minorías sexuais.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario