Mathias Malzieu, a través da editorial Mondadori, volve a deleitarnos cun conto, un relato cheo de tenrura e amor como xa fixera en La mecánica del corazón; neste caso La alargada Sombra del Amor ensínanos a nos enfrontar á dor que produce a morte dun ser querido. E faino desde a valentía ante a resignación, desde a dó ante a tristura e a compaixón, desde a descrición da soidade e a necesidade desta, desde as sombras que se apoderan de cada recuncho da alma, da casa, da contorna. Porque o verdadeiro protagonista deste libro son as sombras, as sombras que nos esnaquizan, as sombras das lembranzas, as sombras da dor, as sombras da morte, as sombras que poden deixar de ser sombras se aceptamos a loita interna que se nos presenta cando decidimos vivir a pesar da morte. Sombras que só nós somos quen de derrubar, de domesticar, de contemporizar. Porque a lección que se desprende da súa lectura é que a persoa que marchou permanece viva nas nosas lembranzas.
É, ante todo, unha gran metáfora sobre o AMOR.
Así é este fermoso libro que devoraredes en moi pouco tempo. Pero non busquedes nel unha segunda parte do libro que xa lestes: nada ten que ver con el, agás o ton melancólico. Non ten a súa maxia, pero ten a realidade que todos e todas debemos superar algún día.
Los libros son accesorios no accesorios para luchar contra la noche eterna.

4 comentarios:
Hai que ler o primeiro?
Noooooooooooooooon, non teñen nada que ver, agás o debuxo da portada. Nin son os mesmos personaxes nin o mesmo tema, nin nada. Só a mesma delicadez do autor.
De feito "La alargada sombra del Amor" sería a primeira parte, xa que foi escrito e publicado en Francia uns cantos anos antes de "La mecánica del corazón".
Si, Carmen, seino, tes toda a razón. Coas traducións adoita pasar este tipo de cousas...
Grazas pola visita e o comentario
Publicar un comentario