Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/10/10

Noite de Samaín

Esta noite toca medo, cabazas, morte... Samaín. Dun par de curtas para facervos máis levadeira a madrugada...

THE WEREPIG (2008) Samuel Ortí Martí

Nunha viaxe pola xeografía galega, dous adolescentes americanos gozan ao seu xeito, sen respectar nada do que lles rodea. A súa impertinencia ante as tradicións da zona levaraos a unha pequena casa de embutidos rexentada por dous anciáns onde, moi ao seu pesar, acabarán formando parte activa desas tradicións.


OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO (2001) Virginia Curiá, Tomás Conde

Animación en plastilina baseada nun relato de Ánxel Fole. Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.



Podes velas tamén en Flocostv premendo aquí e máis aquí.

2 comentarios:

paideleo dixo...

Pasei unha boa noite de halloween co estas curtas.

Ronsel dixo...

Aledámonos! Porque o pasaches ben e porque estás aí decote, ao noso carón. Moitas grazas pola túa compaña.
Saúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.