Lipdub pola independencia de Catalunya e o resto dos Països Catalans, realizado o 24 de outubro de 2010 na cidade de Vic. Este vídeo ten o record mundial de máis xente participando nun lipdub, 5.771 persoas, segundo a World Records Academy. A iniciativa xorde da xente do pobo catalán que quere amosar a todo o mundo que Catalunya é unha nación e como tal necesita a independencia para asegurar a súa supervivencia e o seu futuro. A canción escollida foi La Flama, do grupo Obrint Pas.
Xa vedes que, tal como asegurabamos o outro día, a moda dos lipdub é imparábel.
Credes que algo así sería posíbel en Galicia, xa non para pedir independencia, senón para unirnos... por algo?
2 comentarios:
Home claro. Non só é posible, senón que se realiza a cotío nas romerías populares. O elemento catalizador é o cefalópodo e maila empanada.
Saúdos
Si, romarías hai moitas... ou encontros gastronómicos.
Grazas polo comentario, pola visita e polo humor.
Saúdos
Publicar un comentario