Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/11/10

De camino a la escuela

Como son os escolares noutras partes do mundo? Esta é a pregunta á que intenta responder este libro publicado pola editorial SM. Textos de Anne Bouin sobre o proxecto fotográfico de Sandrine e Alain Moreno, e ilustrado por Aurélia Fronty. Un libro especial para mirar de cando en vez e lembrar que somos privilexiados, que os nenos e as nenas do mundo teñen dereito á educación e non sempre se exerce este dereito, e que outros moitos deles e delas atravesan grandes dificultades coa ilusión de aprender que ás veces aquí non sabemos estimular na infancia.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.