Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/11/10

Paula en Nueva York


Quen dixo que é malo estar nas nubes? Porque a protagonista desta historia, Paula, viaxa ata Nueva York grazas a, precisamente, unha nube.
Mikel Valverde, autor e ilustrador de Paula en Nueva York editado por SM foi agasallado co Premio Internacional da Ilustración da Fundación Santa María no ano 2005.
A soidade dunha gran cidade, miles de persoas de diferentes nacionalidades que conviven sen coñecerse, a maxia, os animais humanizados... todo ten cabida neste álbum ilustrado.

Un día que Paula fue a visitar el edificio más alto de la ciudad con su profesora y sus compañeros de clase, montó en una nube que pasaba por allí. –Hola, nube, ¿me llevas a dar una vueltecita? –¡Claro, sube! –le respondió la nube.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.