Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/11/10

De Verde a Negra

O 6 de novembro de 1975, 350.000 marroquís con bandeiras verdes marcharon cara ao sur de Marrocos, cortaron os arames que o separaban do Sáhara español e adetráronse uns quilómetros berrando "Viva o Rei e a Patria". O Rei Hassán II logrou así presionar a Madrid, que accedeu a negociar a retirada da colonia, despois de case cen anos, cun xeneral Franco agonizante.
A "Marcha Verde" impuxo a soberanía marroquí e abriu un enfrontamento armado vixente dende entón: o conflito saharaui. A loita dun pobo pola súa independencia.
O 14 de novembor asinouse en Madrid o acordo triparito no que España cedía o territorio: o norte a Marrocos e o sur a Mauritania. Este acordo nunca foi admitido pola comunidade internacional.
Catro anos máis tarde, tras unha dura guerra contra a Fronte Polixaria, Mauritania retirouse do Sáhara. Pero os enfrontamentos contra o exército marroquí continuaron até 1991, asinando unha promesa dun referéndum de autodeterminación que aínda hoxe non se celebrou.
Coa ocupación de Marrocos comezou a "Marcha Negra", o éxodo de miles de saharauis que tiveron que deixar a súa terra. Por pór un exemplo, nos campamentos de Tinduf viven 165.000 refuxiados sen esperanza de futuro.


La ’Marcha Verde’ sobre el Sahara Occidental 1975





Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.