Conmovedor álbum editado por Barbara Fiore, La señora y el niño está escrito por Geert De Kockere e ilustrado por Kaatje Vermeire. Gústame todo do libro: o tamaño, o olor, o texto... e unhas ilustracións totalmente dedicadas a este: escuras nun principio, a xogo cos temores do neno, e que se van facendo máis claras, máis luminosas e máis abertas ás cores cara ao final, cando o neno vai cambiando o seu punto de vista, para nos amosar que as aparencias enganan e que debemos reflexionar antes de xulgar. Outro xogo: onde está o límite entre o medo e a fascinación?
Un deses álbums "imprescindibles" para falar de prexuízos, de soidades e vellices. Para follear de cando en vez e descubrir en cada mirada un novo detalle.
Un deses álbums "imprescindibles" para falar de prexuízos, de soidades e vellices. Para follear de cando en vez e descubrir en cada mirada un novo detalle.
Sen comentarios
Publicar un comentario