Por suposto, o noso centro tamén se uniu a esta iniciativa promovida por numerosas asociacións e entidades (ENCIGA, AGAPEMA, APETEGA, Coordinadora galega de equipos de normalización lingüística, SGAPEIO, IGACIENCIA, Universidade da Coruña, Santiago e Vigo, ILG, NEG, AS-PG, CIG- Ensino, STEG e un longo etc.) que propoñen instituír o día 4 de novembro como Día da Ciencia en Galego. Nunca puxemos en dúbida que a nosa lingua é apta para a divulgacións do coñecemento científico, idea que semella querer impoñerse na sociedade actual.
O noso centro, aínda que pequeno, realizou un fermoso traballo; o Departamento de Ciencias da Natureza achegounos unha mostra de cunchas cos nomes en galego e o Departamento de Tecnoloxía a terminoloxía na nosa lingua:
O noso centro, aínda que pequeno, realizou un fermoso traballo; o Departamento de Ciencias da Natureza achegounos unha mostra de cunchas cos nomes en galego e o Departamento de Tecnoloxía a terminoloxía na nosa lingua:
8 comentarios:
esto si que estivo ben..porque a parte de aprender os nomes das cunchas perdimos moitas clases
isto fixémolo entre toda a clase e aprendemos moito
Foi unha actividade diferente á rutinaria, por iso me gustou.
foi un traballo moi interesante e tamén aprender os nomes das cunchas
Esta exposición estivo ben pero deunos bastante traballo. e ten razón Iván, perdimos moitas clases para poder adicarlle tempo a identificar o nome das cunchas.
A esposición das cunchas estivo bastante ben , foi moi entretenido.
estivo ben, aprendimos moitos nomes graciosos das cunchas e traballamos moito para que quedara todo ben e a verdade conseguímolo e apreciaron o noso traballo.
Esta exposición sobre as cunchas estivo ben,foi bastante entretido.
Publicar un comentario