El país del agua de Graham Swift deixa un pouso amargo nas mans, na alma, no pensamento. Un mestre que conta a súa historia, unha historia que comeza xeracións atrás e que sofre os mesmos avatares que a auga que corre ao seu carón. Mesturando tempos e accións, constantes reflexións e voltas atrás, é un libro interesante que medra a medida que avanzamos as páxinas. E con estas páxinas medra tamén unha anguria voraz que derrota a nosa propia lírica. Porque o libro ten ese poder: absórbenos ata sentir que desaparecemos, que somos alumnos, testemuñas desas clases diferentes que o profesor vese na imperiosa necesidade de impartir, porque aínda CRE NA EDUCACIÓN. E porque esa crenza logra sostelo, segue imparable a reflexionar como a historia pode seducir e cambiar a vida das persoas... ou son as persoas as que cambian a historia? E como fondo, a natureza que reclama o que é seu por dereito propio, que se deixa vencer nun principio pola forza humana pero que sempre, sempre, resultará vitoriasa ao final.
Curiosas reflexións, abundantes incertidumes, fermosas e tristes historias.
Un bo libro que foi levado ao cine, tal como podemos confirmar na portada: Jeremy Irons no papel protagonista.
Edita Anagrama.
Curiosas reflexións, abundantes incertidumes, fermosas e tristes historias.
Un bo libro que foi levado ao cine, tal como podemos confirmar na portada: Jeremy Irons no papel protagonista.
Sen comentarios
Publicar un comentario