Hai tempo que teño este libro e nunca me lembro de volo recomendar. A máscara do león, de OQO editora, está escrito por Margarita del Mazo e ilustrado por Paloma Valdivia. Chama a atención o colorido das ilustracións que serve para recargar o optimismo da historia e alegría que transmite, así como os propios debuxos dos personaxes que semellan esquemas ben figurados. A historia é preciosa, doce, criticando a aquel que non admite as diferenzas, que non respecta a individualidade e que obriga a actuar como a sociedade cre que se debe facer.
Gústame moito.
Gústame moito.
Sen comentarios
Publicar un comentario