Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/11/10

Greta la loca

Con texto de Geert De Kockere e ilustracións de Carll Cneut, Greta la loca, publicado por Barbara Fiore, achega neste sorprendente libro unha visión nova do cadro "Dulle Griet", un lenzo exposto no Museo Mayer van der Bergh de Amberes, cuxo autor é Pieter Brueghel o Vello e que constitúe un misterio polo seu significado na súa horripilante paisaxe.

Un álbum tan diferente que non sei como describilo nin como falar del. Desde logo, non creo que caiba nesa definición que algúns empregan para a "literatura infantil". Infantil? Sinceramente, non. Desacougante? Afirmativo.
Porque se o cadro é tremendo tamén o é a historia que o sustenta neste libro. Unha nena que medra na soidade provocada pola maldade dos seus actos ata chegar ao averno. Un libro que mestura coma ningún outro ilustración e historia. Unha ilustración que se afasta e se achega nun fantástico dobre xogo ao cadro orixinal.




Por un momento, Greta permaneció quieta. Sólo por un momento. Un momento entre el infierno y el purgatorio. Un momento de duda, quizás. Una pequeña duda. Porque Greta vio, porque Greta sabía que la cabeza era el diablo y dentro de ella estaba el infierno. De allí salía puro veneno.O quizás entraba. Así pues, por un momento Greta dudó. Pero luego se abrió paso hacia dentro a base de patadas y mandobles.A través de la boca del diablo. La boca abierta de par en par. La boca que era una puerta, la puerta del infierno.

7 comentarios:

martín dixo...

non me gustou nada,era moi feo.

vanesa dixo...

Este libro foi o máis feo de todos os que limos ata agora.

rafa dixo...

O libro este foi espantosamente feo non me gustou nada.

Noemí dixo...

Este libro é o mais horrible de todos os que lin.

Cris dixo...

Este libro gustoume por unha parte pero por outra non.

Brais dixo...

Non esta mal, faite rir pero non me emocionou moito.

Iván dixo...

Este gustoume algo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.