Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/11/10

Infancia invisible

Case sempre vemos como a publicidade serve para promocionar unha gran cantidade de produtos que seguramente non necesitariamos pero que semellan facerse indispensables para que a nosa vida sexa mellor. Pero hai outro tipo de publicidade, a non comercial, que o que quere é chamar a atención sobre diversas problemáticas que se viven no mundo.
Hoxe traemos aquí ese tipo de publicidade que verdadeiramente admiramos porque está destinada a facernos reflexionar, non a mercar. Esta publicidade faise para chamar a atención sobre a problemática de máis de 1.500.000 nenos e nenas que viven en China en situacións difíciles, pero facilmente pode extrapolarse a moitos outros lugares do planeta onde a realidade da infancia e da pobreza é a mesma.
Os responsables de lanzar a campaña foron
Ogilvy y Mather Shangai para Unicef: buscan chamar a atención sobre o importante de facer que as palabras en moitos discursos políticos pasen a ser algo máis que palabras.







Souben de todo isto grazas á revista XL Semanal, onde se pode ler o seguinte texto:
En China hai 1,5 millóns de nenos que viven na precariedade, cando non directamente na miseria. Só 150.000 deles, segundo Unicef, reciben algún tipo de asistencia. A súa situación ten que ver co desprazamento de miles de campesiños ás cidaden en busca dunha vida mellor, que adoita converterse nun terrible presente. Con este dato, o equipo de creativos de Ogilvy & Mather Shanghai púxose a traballar, facendo fincapé en que eses nenos son ignorados, un problema que non só afectar os menores chineses, senón en todo o mundo. Así que encargaron a un artista que pintase tres nenos en tres ubicacións de xeito que se confundisen coa contorna. O resultado é unha inquedante chamada de atención para todos.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.