O venres pasado cando ía ao Simposio en Santiago vin de súpeto unha tenda que poñía no escaparate: "25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero" e parei, abraiada. Logo decateime de que había unha montaxe con este motivo. Como levaba a cámara decidín aproveitar, pero entrei para pedir permiso. Cal foi a miña -agradable- sorpresa cando tamén dentro da tenda o motivo se repetía. Falando coas encantadoras dependentas comentáronme que iniciativa partira da artista Amelia Rivera, unha exposición que iría ás outras tendas desa cadea. Ademais, o día 25 repartirán o lazo malva e este mes só se escoita música de voces femininas. A tenda chámase "Emilio Iglesias" e está na rúa Frei Rosendo Salvado; eu era a primeira vez que nela entraba.
Tamén me contaron que tiñan un libro onde os e as clientes deixaban as súas reflexións e opinións sobre a montaxe, e que a máis emotiva era sen dúbida o testemuño dunha muller maltratada e valente que xa era quen de falar de si mesma e procurar axudar ás demais.
Dende aquí, parabéns.

Sen comentarios
Publicar un comentario