Fermoso libro de Barbara Fiore, con texto de Edward van de Vendel e ilustracións de Carll Cneut, Un millón de mariposas fálanos da chegada do amor e da independencia. Moi curioso o xeito de abordar o momento da chegada do mundo adulto e as súas consecuencias, o amor e a independencia paterna. Pero o máis destacable aquí son as ilustracións, sobre todo se vos gustan as bolboretas: imposible non recrearse nelas, nese mundo de cores que o libro nos ofrece. Tanto, que primeiro miraremos as imaxes e cando case as esgotemos e as retemos -porque queren botarse a voar e marchar das páxinas impresas e nós non as deixamos liberarse-, leremos o texto como complemento.
E é que algunha vez sentimos ese millón de bolboretas no estómago, verdade?
Non sei se andará Bolbor por aí... eu bótoo de menos.
E é que algunha vez sentimos ese millón de bolboretas no estómago, verdade?
Non sei se andará Bolbor por aí... eu bótoo de menos.
6 comentarios:
Gustoume moito porque, trata de amor.
Bueno o libro non esta mal.
non esta mal,algo cursi pa min.
Este libro é bastante bonito.
Este libro non estivo mal aínda que os hai mellores.
Este libro é au pouco cursi pero non está mal.
Publicar un comentario