Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/12/10

Animación lectora

A xenerosidade e amabilidade de Julia agasállannos con esta presentación:


3 comentarios:

Xabi dixo...

Mal andamos se as pobres bibliotecas escolares son as que teñen que "animar a animar ao profesorado... a ler".

Eu sempre pensei que un, por ser mestre, xa tiña que estar "animado a ler". Vamos, que ía incluído na paga do mes...

Xabimusic

Ronsel dixo...

Que che vou dicir que ti non saibas? De todo hai... pero lembremos que esas "pobres bibliotecas escolares" das que falas tamén son comandadas por profesorado.

Xabi dixo...

Por profesores non, por heroes e heroinas a loitar contra corrente...

Non quero parecer derrotista ou pesimista; non é a miña intención. Pero mal andamos cando é o "encargado da biblioteca" o que debe animar incluso aos profes de lingua a ler.

Estou convencido de que a afección á lectura transmítese por ósmose, por imitación e por contaxio coma se fose un virus (o virus lecturófilo, que alguén dixo). Sen embargo eu comprobei durante os dez anos que exerecín de "encargado da biblioteca" a pouca afección lectora dos meus colegas. ¿Que van transmitir, pois?

E mentras, os Informes PISA seguén
repetindo o que todos xa sabemos: o baixo nivel lector deste país.

Xabimusic

P.S. E xa sei, querid@s Ronseis que hai excepcións... que confirman a triste regla.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.