Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/12/10

Bombástica Naturalis


Non chegaría a este libro se non fose por Nine, a quen llo agradezo, porque paga a pena recrearse nel. É unha pasada!
Da editorial A buen paso, con texto e ilustracións de Iban Barrenetxea, Bombástica Naturalis, subtitulado Bombastus Dulcimer, é máis ca unha xoia de libro. Non sei que dicir del, porque recoñezo que me ten aparvada. É tan curioso, tan diferente, que non podo máis que insistir que vaiades ás librarías para follealo: namoraredes inmediatamente. Se non é así, dévolvos o diñeiro!
En serio, vaivos flipar. Porque se pode esperar dun mago que converte os humanos en árbores e flores, ou ao revés? Pois o resultado, claro, é poesía mesturada con ilustracións fermosísimas.



.

2 comentarios:

Nine dixo...

De seguro que acabarías chegando a el, o teu radar para apreciar os obxectos lectores exquisitos detectariao mais cedo que tarde.Un pracer compartido mais.

Ronsel dixo...

Grazas pola confianza, pero quizais tardase moito en chegar a esta exquisitez...
Bicos, e grazas novamente, por todo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.