Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/12/10

El león que no sabía escribir


Da editorial Lóguez este case clásico e precioso, divertido, delicioso, axeitado, intelixente álbum de Martin Baltscheit, El león que no sabía escribir. Chama a atención desde o momento en que o colles: semella máis ca un libro un sobre postal, incluídos os selos, e mesmo a pegada do león.
Logo, o contido. Pareceume ideal para o meu alumnado de Diver, a importancia de "como contar", a importancia da escritura e da lectura. Porque a "chulería" non é de recibo, e con esta historia confírmase. As ilustracións cégannos co seu colorido e caricaturización, agrandando o ton humorístico da historia, mesmo cun xogo tipográfico moi interesante ao servizo da historia.

É de verdade un libro ao que tirarlle partido: escribide vós a carta que encomenda o león. Que poñeriades?

Yo escribiría lo hermosa que es. Le escribiría lo mucho que me gustaría verla. Sencillamente, estar juntos. Estar tumbados, holgazaneando, bajo un árbol. sencillamente, ¡mirar juntos el cielo al anochecer! ¡Eso no puede ser tan difícil!



8 comentarios:

Cris dixo...

Este libro gustoume moito porque trata de amor. Encantoume cando a leoa lle ensinaba o abecedario ao seu amado león

yoli dixo...

pareceume moi bonito,pódense facer moitas cousas por amor ,pero é mellor facelo un mesmo .Pareceume moi cuca a leoa

martin dixo...

Este libro ten unhas ilustracións moi simpáticas e gustoume bastante

vanesa dixo...

Este libro tamén me gustou aínda que me gustou máis o de Malena.

Noemí dixo...

Este libro tamén me gustou aínda que me gustaron máis outros.

iván dixo...

parece bo porque se ensina a escribir coas palabras que expresa polo león

rafa dixo...

que por amor non fai falta escribir

brais dixo...

A min este libro gustoume só que podian elixir outros animais máis románticos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.