Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/12/10

Historia de un erizo


Con Premio Nacional de Literatura Infantil e 2º Premio ao Mellor Labor de Ilustración en 1978, chega da man da editorial El Jinete Azul este pequeno álbum de Asun Balzola: Historia de un erizo. Unha fermosa metáfora sobre a soidade, as aparencias, a amizade, a necesidade de convivencia e harmonía. As ilustracións chaman a atención pola sinxeleza chea de expresividade, que saber aumentar maxistralmente a tristura do ourizo na súa soidade primaveral.


8 comentarios:

Cris dixo...

Este libro non está mal, pero dábame pena o ourizo porque polo simple feito de ter púas non pode ter amigos.

martin dixo...

Este libro é moi sinxelo de comprender.Gustoume

martin dixo...

Este libro é moi sinxelo de comprender.Gustoume

brais dixo...

o libro está moi ben pero o principio é algo triste

yoli dixo...

este libro é bonito porque ensina que aínda que teñas diferenzas cos demais podes encontrar amigos, como neste caso ninguén o quería por medo ás súas púas ,pero puido encontrar a amizade cunha tortuga que non lle tiña medo.

carmen dixo...

este conto trata dun ourizo que quere ter amigos e por ter púas non o queren porque lle téñenlle medo. Unha tartaruga tamén estaba buscando un amigo e encontráronse e non se separaron nunca máis

iván dixo...

Resulta triste porque ninguén quere estar con el polos pinchos.

rafa dixo...

gustoume porque sempre topas algún bo amigo con que estar

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.