Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/12/10

Yo las quería


Triste conto este de María Martínez i Vendrell con ilustracións de Carme Solé Vendrell publicado por El jinete Azul, que o reedita tras moitos anos, posto que Yo las quería é un clásico do álbum ilustrado español. É un libro complexo que afonda nos sentimentos, neses sentimentos dunha nena que debe ir madurando porque a vida non sempre é fácil. As ilustracións complementan o texto porque transmiten o mesmo que as palabras: tenrura, sensibilidade, emoción, tristura, toda a gama de sentimentos que as bágoas e os risos nos proporcionan.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.