Birdboy é unha curta de animación dirixida por Pedro Rivero e Alberto Vázquez baseada no novela gráfica deste segundo, Psiconautas, que fala da vida duns adolescentes marxinados nunha illa arrasada por un accidente industrial baixo aspecto antropomórfico. Agora mesmo vén de se facer un oco na listaxe de obras finalistas para os Oscars. Vía IES Rafael Dieste.
Así que non deixedes de aproveitar para achegarvos ao cómic, publicado por Astiberri, unha proposta moi orixinal sobre dous nenos que non encaixan na sociedade á que pertencen, polo que sentirán ante todo decepción e desilusión. Unha fábula da nosa sociedade que debilita ilusións.
Sen comentarios
Publicar un comentario