Elizabeth Jane Cochran naceu o 5 de maio de 1864. Con 18 anos, ao ler un artigo misóxino titulado "Para que serven as mulleres" no Pittsburg Dispatch, enviou unha carta de protesta tan elocuente que o director, impresionado, ofreceulle un traballo. Como debía escribir baixo seudónimo, elixiu o de Nellie Bly en honor ao personaxe da canción de Stephen Foster.
Converteuse nunha pioneira do xornalismo de investigación. Arriscou a vida facéndose internar nunha institución mental durante dez días para escribir sobre ela, o que axudou a que se cambiase o trato aos enfermos mentais en Estados Unidos.
Era unha muller tan valente que superou un personaxe literario. Pero era muller, e seguimos coñecendo ao personaxe literario, non a ela. Nellie Bly, en 1889, conseguiu por primeira vez dar a volta ao mundo en 72 días, 6 horas, 11 minutos e 14 segundos.
O 14 de novembro de 1889 colleu un barco en Hoboken camiño de Europa. Pasou sete días ata chegar a Londre, colleu un tren a París -onde entrevistou a Verne-, outro a Italia, un bus a través do continente e un barco de vapor cara ao Canal de Suez e Exipto. Logo Singapur e Hong Kong, onde tomou en barco a San Francisco para alí tomar un tren que a levase a Nova Jersey.
Bly morreu en 1922.
Mentres, a maior parte da humanidade lembra personaxes ficticios, homes, e non mulleres reais que souberon conquistar o horizonte.

Vía Papel en Blanco
1 comentario:
unha historia moi interesante
Publicar un comentario