Descubrín a Erri de Luca hai un par de meses cando veu a Santiago dar unha conferencia. Encantoume, e agora que lin un dos seus libros aínda me gusta máis. Da man de Siruela podemos gozar con El día antes de la felicidad, un fermoso canto comprimido en non moitas páxinas que resulta ser unha declaración: a felicidade de ler un libro non necesita de moitas follas. Porque esta novela é unha pequena obra de arte; tanto que serviu para organizar un minúsculo experimento: un case club de lectura a dúas bandas cun dos lectores máis asiduos deste blogue. Abofé que deu resultado: ambos intercambiamos opinións antes de chegarmos aquí.
O libro, xa digo, encantoume. Tiven que lelo de vez, non podía parar. Destaca sobre todo o amor á cultura. Porque esta é a que axuda a medrar ao protagonista, a deixar atrás unha infancia solitaria mentres escoita da man do seu "mestre" o que supuxo a Segunda Guerra Mundial -con frases memorables- e se inicia no sexo e no amor. O libro envolve, ensina, pero non manda, só amosa. E amosa que a humildade, o afecto, a educación, son un bo xeito de encarar o mundo.
E para rematar algunhas das frases de Xabi: O libro é unha xoia, un canto á educación, á escola pública, ao papel liberador da cultura. Ademais, a figura de Don Gaetano é a dun auténtico mestre ¿anarquista?. Outra dimensión que tamén me chegou é o canto que fai á lectura, "ao vicio de ler". Xenial.
Bajando por el callejón en el que vivía, había tiendecitas de libreros que vendían a los estudiantes. Fuera tenían los libros usados de oferta en cajas de madera, sobre la acera. Empecé a ir por allí, a coger un libro y ponerme a leer sentado en el suelo. Uno me echó, fui a otro y ése dejó que me quedara. Un buen hombre, don Raimondo, alguien que entendía las cosas sin explicaciones. Me dio un taburete para que no leyera en el suelo. Después me dijo que me prestaba el libro si se lo devolvía sin estropeárselo. Le contesté que gracias, que se lo devolvería al día siguiente. Me pasé toda la noche acabándolo. Don Raimondo vio que era persona de palabra y me dejaba llevarme a casa un libro al día.

5 comentarios:
¡Que corte, aparecer citado no Ronsel!
Utilizareino para o meu currículo.
Como adoita sucederme, a novela sigue resoando na miña cabeza a pesares dos días transcurridos desde que rematei a súa lectura.
A figura de Don Gaetano, por exemplo. Como, respectando o ritmo (evolutivo, diríamos nós) do rapaz a a súa iniciativa, vaino guiando e conducindo, sen forzalo, sen impoñerse...Un modelo de educación libertaria; é dicir, en liberdade e para a liberdade.
E eu estou encantada de termos acertado co libro. A ver o próximo!
Pero eu esperaba que te "mollaras máis" nos comentarios.
Vaia, perdón. Por que non mo dixeches daquela? Como xa o ías ler no blogue...
Pido desculpas.
Non te desculpes, por favor. Só é que me gustaría seguir co tema...
Mira, eu sonche de outra xeración: máis pausada, máis lenta, que nos gusta afondar nos temas e non, coma agora, saltar rápidamente dun en outro, cunha liguaxe (¿e un pensamento?) moito máis lixeiro pero, tal vez, máis superficial tamén.
A cultura dixital, xa o sei, impón estes novos códigos pero eu non acabo de asumilos, ¿que lle imos facer?
Publicar un comentario