Nova edición da editorial Astiberri (do 2009) da obra de Paco Roca con material adicional sobre a orixinal publicada no 2004: El faro gañou o Premio Diario de Avisos de Tenerife 2005 ao mellor guión realista.
Desta volta, un mozo republicano tenta fuxir da súa segura morte e chegará ferido a un vello faro, onde o seu fareiro, Telmo, coidarao e devolveralle os anceios de vivir. E estas arelas virán da man da literatura e dos soños, pero tamén da valentía e do corazón. Porque o vello protagonista é quen de vivir no seu mundo, un mundo de soidade poboado por personaxes novelescos, pero tamén é capaz das maiores heroicidades por amor. Quizais sexa predicible entón o seu xeito de actuar e consecuentemente o final, pero non resta emotividade a este cómic dun autor que corresponde ter presente.

Sen comentarios
Publicar un comentario