Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/01/11

El juego de las golondrinas

Publica este cómic SinSentido, dentro da colección "/sin_nosotras/Ahora cuentan ellas" que agrupa novelas gráficas creadas por mulleres (dos dez títulos, aquí falamos de Metralla e Lobas). Nesta ocasión imos vivir no Beirut dos anos 80 da man de Zeina Abirached, que conta a súa propia experiencia. Por suposto, antes de comezar a lectura pensamos en que vai ser, novamente, unha "copia" da tan famosa Persépolis; porén, aínda que loxicamente hai puntos en común, son moi diferentes.
A historia recrea unha soa noite, extrapolable ao día a día dunha familia que vive, sen querelo, nunha guerra que lle resulta allea e da que só ten un obxectivo: sobrevivir. Chama a atención os recursos gráficos que utiliza, todo en branco e negro, pero que creo reflicte a arte musulmá, nun permanente branco e negro que axuda a concienciarnos do drama no que se vive. Por certo, o título El juego de las golondrinas vén dado porque as andoriñas abandonan o lugar onde nacen e se crían para volver a el ano tras ano. Así deben facer as familias para sobrevivir na guerra: tentar volver ao seu fogar e continuar a vida.
Moi recomendable.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.