Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/01/11

Este é o noso mundo

Unha compañeira do PLAMBE, Mónica Muñoz, fíxome partícipe deste descubremento: un home que nos conta a realidade económica mundial sen pelos na lingua. Agradézolle profundamente a honra de recibir este agasallo.
Tardei uns días en escoitalo, pero paga a pena deterse e pensalo. Este é o noso mundo, e non somos quen de lle facer fronte:



Trátase dunha conferencia de Arcadi Oliveres, economista español que loita pola xustiza social.



Ademais, deberiades achegarvos a esta páxina web, Os segredos dos bancos, onde atoparedes bancos do mundo que invirten cartos en proxectos ubicados en diferentes lugares do planeta atentando contra a Natureza e a Humanidade.

Grazas Mónica, por todo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.