Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/01/11

El cuarderno Rojo


A editorial Norma ofrécenos este curioso cómic de Teddy Kristiansen sobre a arte e a guerra. Un cómic diferente e redondo: a min pareceume impresionante e recoméndovolo.
Afonda na alma do ser humano, do descoñecido, buscando coñecer a verdadeira historia de segredos gardados tras a crueldade da guerra, destruíndo todo canto toca semellando non ter fin.
O autor xoga continuamente cos saltos no tempo, buscando así a complicidade dun lector que sabe que os protagonistas -ambos os dous, investigador e investigado- buscan unha soa cousa: a paz.
Chama a atención o debuxo: semella un cómic feito a acuarela, e cun sentido da expresividade altísimo: somos quen de ver o misterio, o terror, o drama en cada imaxe, sobre todo cos grises que utiliza para as escenas da guerra (neste caso a I Guerra Mundial).




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.