Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/01/11

Ferdinando el toro

Recuperamos a lectura deste conto clásico que vai xa pola 5ª edición da editorial Lóguez escrito por Munro Leaf no ano 1936. Isto converte a Ferdinando el toro nun álbum clásico que chama a atención aínda hoxe polas ilustracións (a cera, con cores elementais ben combinadas), polo contado (un touro que ama as flores), pola forma (a tipografía). Xa chama a atención dende o principio: estamos en España en 1936! E como o protagonista é un touro diferente, a súa nai, preocupada, fala con el por se sente só! Resulta moi gracioso que o soño de todo touro sexa ser o protagonista dunha corrida en Madrid (será que nós sabemos cal é o seu cruel final? Isto, por suposto, non se menciona), pero o noso protagonista pasa amplamente. Precisamente por isto, o libro foi prohibido en España: un touro pacifista, que atrocidade! Así que fixádevos que actual é.

Seguro que sabedes que ao pouco tempo foi convertido en curta pola imparable máquina de Disney e conseguiu un Óscar en 1938.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Hai Walt Walt, non me acabas de convencer.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.