Achegándonos ao Día da Paz, (lembrade que este ano é domingo, polo que os actos no instituto serán o venres) traemos a curta "Por nada", premiada en varios festivais, que nos fala do tema do ciberacoso e que nos ofrece o Seminario Galego de Educación pola Paz.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
4 comentarios:
Non podo velo. Tanta violencia máncame no máis fondo...
Eu tampouco fun capaz de seguilo! É terrible, como concibir que isto é real?
¿Somos almas xemelgas?
O meu soño foi sempre facer da miña aula un remanso de paz: un aula segura, alegre, divertida e creativa.
Xa que logo, contemplar a violencia xuvenil... é que non o podo soportar. É unha sensación de fracaso coma educadores que me fire profundamente.
Pareceme que a gran culpa e dos pais, inda que o rapaz e unha moi mala persoaaa!!!: e moi duro de veloo.
Publicar un comentario