Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/01/11

A guerra dos números


OQO publica este fermoso libro de Juan Darien no ano 2009 (Premio Ilustración no 2008). Un conto máis que axeitado para estes días nos que nos mergullamos en busca de libros para a exposición da Paz que mantemos no centro estas semanas. Unha historia de envexa que se desenvolverá porque sempre hai ocasión para que calquera personaxe perverso (neste caso, o signo menos) axude a declarar a guerra; unha guerra que por suposto non contará con vencedores nin vencidos, como ocorre sempre aínda que nolo vendan doutro xeito. O aclaratorio do libro é que estamos a falar de número, polo que a lóxica é aplastante.
Moi ben recreada a trama bélica, o libro é boísimo para traballar o tema nas aulas.


6 comentarios:

martin dixo...

este libro non é que me gustase moito pero amósanos a inportancia dos signos máis e menos.

iván dixo...

foi moi simpático, os números 0 ao final rebeláronse.

carmen dixo...

A min este conto non me gustou

rafa dixo...

Pois non estivo mal porque os uns eran moi malos porque convertían a todos en ceros para que eles foran os números máis grandes

Noemí dixo...

Este libro non estivo mal,porque cóntanos que xuntos podemos gañar máis que se estamos divididos.

yoli dixo...

Non me gustou moito pero dános a entender que falando evítanse moitas guerras

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.