Tamén da editorial Norma e tamén do mesmo autor, Gibrat, e tamén en dous tomos, El vuelo del cuervo é a historia dunha moza da resistencia (a mesma protagonista que en La prórroga) que coñece un ladronzuelo que necesita redimirse na Francia da Segunda Guerra Mundial. Volve encandilarnos o autor cos seus debuxos perfectos, reais e sensuais, perfectos, fermosos, que nos conducen dende a imaxe ata a historia dunha man oculta que nos encanta.
Igual que ocorría na obra del que comentamos onte, a guerra é máis un pretexto que un protagonista. Buscará novamente o amor e a lírica dentro da situación de terror que os protagonistas viven. Así poderemos contemplar a beleza dos tellados de París, ou das canles que serven de medio de comunicación nesta zona de Francia, esquecéndonos dos horrores da guerra.
Creo que aínda me gustou máis cá de onte. Pero non podería aseguralo. Dende logo, é para min un descubremento grazas ao Día da Paz o goce destes cómics.
Sen comentarios
Publicar un comentario